cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

31 de dec. de 2012

O APALPADOR

Canción adicada a O Apalpador, personaxe tradicional galego que o 31 de decembro baixa das montañas de "O Caurel" para deixarlle castañas e agasallos ós nenos e nenas de Galicia.
 O personaxe deste vídeo está inspirado nas ilustraciones que del fixo Leandro Lamas.


19 de dec. de 2012

CONCERTO DE AULA.

De novo Lorenzo ensínanos os seus avances coa guitarra.Esta vez as nenas e os nenos de 2º tiveron ocasión de escoitar a súa interpretación dun tema ben coñecido por tod@s.Esperamos outras melodías moi pronto.

10 de dec. de 2012

O ABETO ESTÁ ...

Pois como está sempre antes do NADAL...BALEIRO!!!! Como xa se acercan estas festas, @s nen@s de primeiro decidiron adornalo. Colleron cintas de cores, CDs prateados e SALETA  de 3ºA3ºB fixo unha fermosa estreliña,que...levou o
seu tempo colocala ,pero o resultado final foi moi chuli e ademais tod@s o pasaron moi ben cantando arredor da árbore.
Aquí vos deixo a panxoliña "O ABETO ESTÁ BALEIRO",interpretada polos nenos e nenas de 1º.


6 de dec. de 2012

CONCERTO DE NADAL

O vindeiro 13 de decembro o alumnado de 5 anos vai asistir ao concerto de Nadal no CONSERVATORIO DE MÚSICA.
A CORAL de CULLEREDO vai cantar para nós cancións e panxoliñas.
No villancico popular "VINDE GALEGUIÑOS VINDE" ímoslle axudar  cantando todos xuntos o retrouso:
Vinde galeguiños vinde, 
vinde con pandeiro e gaita,
que un meniño moi riquiño 
naceu hoxe na montaña.
                                                       
                                                                                              

NAVIDAD CON PAZ


Lembrando a MILKI tamén  no NADAL